O día 16 de maio a partir das 19.00 h realizarase en todas as bibliotecas municipais un acto de lectura colectiva no que poderás participar inscribíndote dende agora en calquera das bibliotecas municipais.
- Publicación dunha guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais
- Presentación do libro "O enigma dos nove sepulcros" na Btca. Municipal Ágora de María Acosta. (Martes 15 de maio ás 20.00 h)

Enmarcado nos actos conmemorativos arredor do Día das Letras Galegas e para clausurar a temporada do Club dos 7 Medos, a Biblioteca Sagrada Familia quere mostrarlle ao público a Galicia máis popular e misteriosa. Da man de Antonio Reigosa, estudoso e divulgador dos mitos e costumes da nosa terra, ofrécenos unha grande oportunidade para coñecer a extensa riqueza do imaxinario popular galego.
- Recital na Btca. Municipal Infantil e Xuvenil (16 de maio, 20.00 h) Recital de poesía a cargo de María López Pousa e Moises Fernández Álvarez: Jovenessintalento II. que recitarán textos da súa propia colleita ademais doutros autores como Lois Pereiro ou do homenaxeado Paz Andrade. O recital estará acompañado en todo momento con música composta por estes jóvenessintalento e comprobarás que o seu nome artístico non fai xustiza á realidade.
- Mostra bibliográfica na Btca. Municipal Sagrada Familia
A Biblioteca Municipal Sagrada Familia dedícalle unha mostra á obra e a traxectoria vital desta personalidade. Ademais de poeta, con obras aínda inéditas como Canto do pobo disperso (1955), foi un prolífico ensaísta económico, pesqueiro e literario. Destacan as súas biografías sobre dous dos seus personaxes favoritos como foron Castelao, ou Joãou Guimarâes Ros. Intensa e relevante tamén foi a súa actividade en defensa e promoción da cultura galega. Ao mesmo tempo, a biblioteca presenta unha nutrida selección de escritores e escritoras do panorama actual da literatura en galego, na que destacan autores como Fran Alonso, Chus Pato, Ramiro Fonte etc. Dende o día 11 de maio ata o día 31 todos os usuarios e usuarias da biblioteca teñen unha cita coa literatura en galego.
- Mostra bibliográfica na Btca. Municipal Fórum Metropolitano
Mostraremos todas as súas facetas: o poeta, o político, empresario; o seu paso polo cárcere, a súa relación coas Irmandades da Fala, os seus amigos (Castelao, Fernández del Riego, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo e un longo etc). Todo iso a través dos seus escritos e das súas cartas.
- Mostra bibliográfica na Btca. Municipal Ágora
- Mostra bibliográfica na Btca. Municipal Rosales
Este ano na Biblioteca Municipal Os Rosales recordamos escritores que foron homenaxeados o día 17 de maio, Día das Letras Galegas. Achégate a descubrir as súas obras e goza ademais dunha mostra de libros recentemente chegados á biblioteca de autores galegos. Ademais, por suposto, coñeceremos un pouco máis o homenaxeado deste ano, Valentín Paz Andrade. Se decides pasarte non esquezas deixarnos a túa palabra favorita en galego. Xuntos faremos unha gran nube de palabras recompilando algunhas das palabras máis fermosas que ten a nosa lingua.
No hay comentarios:
Publicar un comentario