28 feb 2012
Os petos de Loreto (Quentin Blake)
"Os petos de Loreto" é unha narración moi extravagante e disparatada; na que se fala dunha muller (Loreto), que sempre está rodeada de nenos e nenas e que ten recursos para todo. Calquera cousa pode resultar util nas súas mans, por iso, como por arte de maxia, de todos os recunchos do seu abrigo saen xeados, bucinas, sombreiros...
O autor e ilustrador deste conto é Quentin Blake que comezou a debuxar moi novo. Estudou na Universidade de Londres e na Escola de Arte de Chelsea. Durante uns 20 anos adicouse a pintar e exerceu a docencia na Real Escola de Arte onde, entre 1978 e 1986, dirixiu o departamento de Ilustración.
A súa traxectoria artística destaca por ter colaborado con escritores como Russel Hoban, Joan Aiken, Michael Rosen, John Yeoman e, principalmente, Roald Dahl. Tamén ilustrou álbums clásicos e creou personaxes propios, como os coñecidos Señor Armitage e Mister Magnolia.
Entre os galardóns recibidos nos últimos anos destacan o Premio Whitebread, a Medalla Kate Greenaway e o Premio Internacional da Feira de Boloña. En 2002 recibiu o Premio Hans Christian Andersen de Ilustración, o recoñecemento ao máis alto nivel no eido da literatura infantil e xuvenil. En 2004 foi distinguido polo Goberno Francés como Cabaleiro das Artes e das Letras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario