Oro parece,
plata no es,
quien no lo adivine,
muy tonto es.
2.
Choco pasó por mi puerta,
late de mi corazón,
quien no lo adivine
es un tontorrón.
3.
Despois de moerme
auga fervendo botan en min,
a xente bébeme moito
cando non quere durmir.
4.
Cun velo de tul
e cun pedaciño de pan
formaremos unha flor.
Sabes ti decirme cal?
5.
Queres te?
Pois toma te!
Sabes ti que froito é?ç
6.
Saímos ao anoitecer
ímonos cando canta o galo
hai quen di que nos ve
cando lle pisan un pé.
7.
Fríos, muy frios estamos
y con nuestros sabores
a los niños animamos.
8.
¿Qué cousa cousiña é,
que para adiviñar é,
que na boca ten o pé?
9.
Un queixiño douradiño
de noite está sen gardar;
non hai rato neste mundo
que nel poida adentar.
10.
Polos montes brinca e canta,
polas raíces se levanta;
dá ledicia, danos vida,
parece, ás veces detida
como un cristal, pero anda.
11.
Redondiño, redondiño
como a roda do muiño:
ten follas, ten!
e non llas conta a ningén.
12.
Que cousiña son
se de novo teño barba
e de vello non?
13.
Onte ovo,
hoxe capuchiño
e mañá voarei
como un paxariño.
14.
No alto vive
e nel está,
no alto tece
a tecelá. (A araña)
15.
Unha vella titiritaña
que sobe e baixa pola montaña.
16.
Que animal é o que anda
cos pés na cabeza? (O piollo)
17.
Unha longa longarela,
anda por debaixo da terra
e non ten óso nin costela.
18.
Ten boca e non come,
ten pés e non anda,
ten cu e non caga.
19.
Ave teño de nome,
de lá o revestimento
o que non adiviña
non ten discorremento.
20.
Alta estou,
ladrón vexo vir
do meu carapucho
non podo fuxir.
_________________
Altos castelos
bois amarelos,
auga fermosa
e cadela rabiosa. (Castiñeiro, ourizos, castañas)
________________________Pilonga chámanme,
dura e sen camisa,
no nadal cómenme
ata na misa.
________________________________________
Son branca e non son de papel,
son verde e non son limón,
son vermella e non son sangue,
son negra e non son carbón.
____________________
Ten pelexo coma a xente
e é moi boa para comer,
chega polo mes de Santos
e todo o ano o tés.21.
Son redonda coma o mundo
,para morder toda me esgozan,
déixame só o pelexo
e todo o zume me sacan.
22.No alto estou,
de ouro vestido, por unha regaña
perdín os meus fillos.
___________________________
Alto me vin,
no meu cascarín,
tirei unha risada
e todo perdín.
_________________
Alta estou,
capotiña teño,
vén o vento
e non o deteño.
_______________________
Alto vivo,
se me mira a xente
e río,
quedo sen dente.
_________________
Alto pimpín,
ruín cabaleiro,
pégalle a risada
e solta o diñeiro
________________
Alto estou,
color de ouro teño,
por unha risada
perdo o que conteño.
______________
No aire se cría
no aire se ten,
bota unha risada
e perde canto ten
Unha señora moi enseñorada,
deu unha risada,
e quedou sen nada.
_____________________________
23.
Arquiña pechada,
que ten que comer
e no mundo enteiro
non hai carpinteiro
que a poida facer.
__________________
Catro monxas nun convento,
onde non entra aire nin vento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario