8 dic 2011

Editorial Kalandraka




http://www.kalandraka.com/

A Editorial Kalandraka naceu co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o 2 de abril de 1998. Apostou polos albums ilustrados, nacendo así os "Libros para Soñar"... Acadou o seu primeiro premio en 1999 co "O coelliño branco" de Xosé Ballesteros e Oscar Villán.



Xa fai unhas cuantas semanas, representamos na aula un conto de dita Editorial, "Que che gustaría ser?" de Arianna Papini. Acordádesvos del?

Foi unha experiencia moi satisfactoria, xa que a pesar de ser o primeiro conto que interprentamos en gran grupo, saiunos moi ben. Primeiro repartimos as diferentes frases do conto, para que cada unha de nos puideramos dicir algo, aprendémolas e fixémolas nosas, para despois ensair.

A hora da representanción decidimos poñernos en círculo, situando os nosos espectadores no centro do mesmo. Foi unha maneira diferente de contar un conto. Quizáis non foi a mellor das formas, pero pouco a pouco iremos mellorando na nosa labor coma contacontos.

Ademais deste, a outra metade do grupo tamén representou o conto "Cando chove"de Leire Salaberria.



Na xornada de hoxe Carmen mencionounos o clásico conto do "O galo Quirico". O escoitar o título do libro, viñeronme a mente moitos recordos da infancia, xa que cando era nena contábannolo moitas veces na escola. Contábannos a histora dun galo moi presumido que de camiño a boda do seu tío Perico, se atopou con un verme

A imaxe que se encontra a nosa dereita é a foto do libro, nunha versión da editorial Kalandraka, publicado en 2002 e escrito por Tareixa Alonso e ilustrado por Alicia Suárez.






Autora: MIRIAM SÁNCHEZ MOREIRAS
Ilustrador: FEDERICO FERNÁNDEZ


Onde perdeu Lúa a risa? é outro exemplar da editorial Kalandraka e está dispoñible en varios idiomas: galego, castelán, euskera, catalán e portugués. Con el conseguiron o premio Nacional de Ilustración 2001.


Sorrir é unha das cousas mais importantes e mais valiosas que nos dou a vida. Cando sorrimos sentimonos ben, alegres con ganas de facer cousas. Daniel, o protagonista deste conto, coñece o valioso que e a risa, por iso cando descobre que a Lúa a perdera, decidiu buscar por todas partes. Nin o gato, nin a vaca, nin a rá, nin o lobo lle dan a solución, pero a lechuza sabia saberá ofrecerlle a solución o problema.

Trátase dun conto sinxelo e moi expresivo polas marabillosas ilustracións que presenta, polo que é moi recomendando para os prelectores.


AUTORA: MARISA NÚÑEZ
ILUSTRADOR: ÓSCAR VILLÁN

"A cebra Camila", contanos a histora da Cebra Camila, que por non obedecer a súa nai, perdiu moitas das súas listas. Por iso se puxo moi triste, pero grazas a solaridade e compañeirismo dos animaliños que ía atopando polo camiño conseguiu taparse coa aportación de cada un deles: A serpe, un anel; o caracol, unha listiña de prata; o arco ires, un remendo azul...

Se queres coñecer o final, xa sabedes!! Facédevos co libro e disfrutade del e das súas ilustracións. Outra de moitas historias interesantes que nos ofrece a editorial Kalandraka.


A continuación, atópase un vídeo sobre outra forma de contar este conto. É unha maneira moi bonita e entretida para que os nenos/as presten maior atención:






No hay comentarios:

Publicar un comentario