Aproveitando estas festas navideñas, quero recordar un clásico da literatura, tanto para pequenos coma para maiores e que conta cunha infinidade de versións cinematográficas, refírome a "Canción de Navidad" de Charles Dickens.
Esta curtiña novela cóntanos a historia de Scrooge, un home avaro e tacaño e de como a visita por navidad de tres pantasmas (a do pasado, a do presente e a do futuro) fanlle darse conta das malas accións da súa vida, das súas consecuencias e do que pode facer para cambiar, xa que aínda está a tempo.
Seguramente todos coñecemos de sobra a historia, pero non hai nada coma unha lectura do orixinal que ademais, ao tratarse dunha novela tan antiga (ten casi 200 anos) atópase libre de dereitos e pode lerse facilmente na rede para aqueles aos que lle pique a curiosidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario