Había unha vez unha gota que se chamaba Carlota. Ela non era igual ás demais, aínda que tiña un rubo na cabeza, un bandullo redondo e o traxe transparente como as súas duascentas trinta e sete compañeiras. Non era igual a elas porque non bocexaba aburrida comoas demais tampouco durmía a sesta na nube branca e esponxosa. Ela non facía nada diso, ela o único que facía era asomarse polas hilachas da nube. Unha tarde calurosa Carlota asomouse demasiado e caeu. Chegou a un charco de auga sucia e Carlota preguntouse -Este será o mar? Mentres se secaba pastito do bandullo. Un mosquito matándose de risa díxolle - O mar queda moi lonxe. Logo pasou un camión e pisou o charco e Carlota saíu voando polo aire, caeu nun regueiro finito como un fío. Entón preguntouse - Este será o mar? E unha ra partíndose de risa díxolle - Non o mar queda moi lonxe, lonxe. Carlota encontrou unha folla seca e nadou e nadou agarrada dela. Ata que chegou ao río e Carlota se preguntou - Este será o mar? E uns peixes de todos cores matándose de risa dixéronlle - O mar queda moi lonxe. Carlota enredouse nas plumas dunha ave e voou un anaco e chegou a outro río. De golpe veu unha corrente que daba voltas e non a deixaban ver nada! E de golpe aquietouse. Entón decatouse de que era o mar e sorriu como as gotas sorrín cando chegan ao mar.
Clara MurasIl.
lustració: Sylvie Daigneault
No hay comentarios:
Publicar un comentario