Levamos uns días tratando a peza musical "El carnaval de los animales" de Camille Saint-Saens. É unha composición clásica na que se unen a música e a imaxinación, xa que non so se trata de instrumentos interpretando notas, se non que hai unha historia cos personaxes, o que facilita a comprensión para os nenos e nenas que teremos nun futuro como alumnado.
A obra conta con 14 movementos, cada un representando a un animal: O león, as galiñas, as mulas, as tartarugas, o elefante, os canguros, o acuario...
Deixovos o vídeo para que disfrutedes da peza :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario