20 mar 2012
Novas cores
Novas Cores é a historia que vos contei na aula a semana pasada. Como xa sabedes, vai sobre un pintor que anda na busca de cores con novas tonalidades para pintar novos cadros. Un día chega a un pobo coa súa maquina, que serve para extraer dos ollos das persoas as cores que viron ó longo da súa vida. Nese pobo foi onde encontrou por fin os desexados matices. Así, seguiu pintando cadros, pero non coas cores de sempre, senon con cores sen nome, cores que naceron duns ollos que nunca viron...
Este album é de Fran Nuño, ilustrado magníficamente por Natalia Colombo e editado por Hotel Papel.
É unha historia conmovedora, ideal para traballar a deficiencia visual e facer conscientes ós nenos e nenas que as persoas con cegueira saben seguir adiante e afrontar as súas dificultades.
Para contar a historia, elaborei a maquina que o pintor emprega para extraer as cores dos ollos das persoas. Sempre é importante que a hora de contar un conto, apareza un elemento para captar a atención dos nenos e nenas.
Por último, deixovos os enlaces duns blog que me pareceron moi interesantes, espero que vos gusten.
http://elelefantelector.blogspot.com.es/
http://monicarretero.blogspot.com.es/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario