Esta canción "Dime que fiseches?" pertencente ao disco "Canta connosco" do Grupo Migallas. A aparición de dito disco foi no ano 1996 é resultou ser un acontecemento extraordinario no campo da música galega. Era a primeira vez que un grupo galego, cunha ampla experiencia nas actuacións en directo ante público infantil e xuvenil, gravaba un disco na nosa lingua.
Tanto na forma coma no contido cada tema foi elaborado con sumo coidado procurando acadar unha calidade instrumental e vocal óptima que enriquecese os múltiples contidos que transmiten, contando para iso con músicos do talle de Manuel Budiño, Guillermo Fernández (Berrogüeto) e Paco Dicenta, que fixo os arranxos, e con colaboracións tan significativas como a de Suso Vaamonde.
Así pois en "¡Canta connosco!" podemos atopar cancións infantís de aire máis tradicional coma "O libro máxico" xunto a un rap, un rock, unha cumbia, un reagge, un pasodobre, unha canción africana ou unha anaina, sen esquecer o tema instrumental folk que pecha o disco cunha magnífica gaita irlandesa.
"¡Canta connosco!" é un disco pensado para os nenos e nenas que pode gustar a toda a familia pola súa variedade e polos seus contidos. As once cancións que o conforman tratan temas como os xogos tradicionais e colectivos fronte á televisión e ós videoxogos; animación á lectura; a importancia do uso do galego, a ecoloxía, a cultura tradicional, etc.
Máis información sobre o disco Canta connosco: http://www.migallas.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario