28 abr 2012

Nósomosòn



Onte fun a exposición de arte sonoro _Nósomosòn, situada no Espazo de Intervención Cultural. Esta exposición chegaba o seu fin despois de máis dun mes de actividades.
De todas as instalacións sonoras que aquí se daban cabida, dúas delas parecéronme interesantes.
Unha delas era o Aquófono que mediante uns vasos cheos de auga situados os laterais desta instalación tranvasábase dito auga aos vasos superiores co fin de que o caer a auga nunha determinada zona se simulase o son da choiva. Esta zona estaba conectada cun tubo de madeira no cal podiamos escoitar proxectado o son da choiva.
Outra instalación que me chamou a atención pola súa orixinalidade foi a Tocata Autista de Servando Barreiro que consistia nun tocadisco que se poñía en acción a través do teu propio movemento, según te moveses máis rápido o prato do tacadiscos así o facía.
Poño un vídeo que fixen con diferentes fotografías onde se pode votar un vistazo destas e das demáis instalacións.


http://www.youtube.com/watch?v=vGqVq1SFI_g

No hay comentarios:

Publicar un comentario