ALGÚNS GRUPOS MUSICAIS
- Os Pallasos da Tele
Aparecen o comezo dos anos 70. Con este nome era co que popularmente se coñecía o trío de pallasos españois formado inicialmente por: Gaby, Fofó, Miliki os que con posterioridade se unirían Fofito, Milikito e Rody.
As súas cancións destacan por estar impregnadas co seu toque de humor tan característico.
- Grupo Nins
Foi creado e dirixido pola pedagoga Marta Minguella no 1973. O seu obxectivo foi instruir musicalmente a un grupo de nenos/as con idades non superiores os 12 anos para que se divertisen a vez que entretivesen os nenos/as da súa mesma idade.
- Enrique e Ana
Dúo musical español de finais dos 70 e principios dos anos 80. Fixéronse moi populares con cancións como La gallina co co ua, Charleston Mamá cómprame unas botas, La yenka, En un bosque de la China, Garabatos, El superdisco chino, Abuelito, La canción del panda y Mi amigo Félix. O dúo separóuse no 1983.
- Grupo Parchís
É un grupo musical vogal infantil que alcanzou unha moi notable repercusión tanto en España como en Iberoamérica na súa primeira época comprendida entre 1979 e 1985. Despois de terminar a súa traxectoria no 1985, o proxecto empezouse a reanudar no 2011 e 2012 con novos artistas infantís poñéndolle voz ao grupo.
- Grupo Arco Iris
Creouse en Zaragoza a principios dos 80 e ata fai uns anos estivo en activo. As súas cancións maís populares foron “Vamos a jugar cantando”, “Un monstruo en el armario”, “Ratón que si que son”, “A tu perro” ou “Canción del arco iris”.
- Grupo Mazapán
Conxunto chileno de música infantil con máis de 30 anos de traxectoria, formado no 1981 cando sete estudantes de diversas disciplinas musicais interesáronse en formar un grupo musical para entreter o público infantil de aquel momento. O grupo mántense activo sen pausas hasta a fecha.
Enlace: http://www.mazapan.cl/
- Grupo Regaliz
Grupo musical infantil español creado na primeira mitade dos anos 80 e integrado polos nenos Jaime Benet, Eduardo Navarrete, Astrid Fenollar e Eva Mariol.
- Grupo Bom Bom Chip
Grupo español que comezou nos anos 90. Estaba integrado por dous chicos e tres chicas. A súa carrera musical foi corta. Sacaron o mercado tres albúms “Toma, toma y toma”, “No somos renacuajos” y “Helado para astronautas”. A finales de 1995 el grupo se disolvió.
- Grupo Encanto – Cantajuegos
Nado no ano 2004. É un proxecto pedagóxico-musical en formato audiovisual, desenvolve a psicomotricidade, potencia o mundo afectivo e as relacións sociais, e está orientado a nenos e nenas de 0 a 6 anos.
Enlace: http://www.cantajuego.com/inicio
ALGÚNS GRUPOS GALEGOS
- Grupo Ledicia
Nado no ano 1983 no Colexio Manuel Masdías de Caranza (Ferrol), co gallo do festival de música infantil "Cantareliña" e, dende aquela, vén tendo unha actividade ininterrompida. Se trata dun grupo estable que interpreta cantigas infantís propias en lingua galega.
- Grupo MigallasNo ano 1996 foi a primeira vez que un grupo galego cunha ampla experiencia nas actuacións en directo ante público infantil e xuvenil gravaba na nosa lingua coa calidade dun disco para adultos no que se combinaban os ritmos tradicionais cos de máis actualidade.Canta connosco! da compañía de teatro pontevedresa Migallas é un disco pensado para os nenos.Dende a música tradicional ata o rock pasando polo regaee, o rap, a cumbia, o pasodobre, a canción africana ou a anaina enchoupan de diversidade cada nota do traballo.
Enlace: http://www.migallas.com/
- Grupo Na ViradaAchegan en discos como Rolada das cantigas ou Solaina (acompañado dun libro) adaptacións de poemas de autores coma Neira Vilas, Manuel María ou Uxío Novoneyra destinados aos máis novos, canda a letras de inspiración popular.
- Grupo Mamacabra
Son un grupo de musica infantil galego que comezou a súa andaina polo ano 2000 musicalizando poemas de Gloria Sánchez, Ana Mª Fernández, Antonio García Teijeiro, entre outros.
- Asociación de Gaiteiros GalegosLeva editados tres traballos nesta liña: O Quiquirikí. Cantos de Nadal (2006), Pelo Gato 24 (2008) e 13 Lúas (2009).
Enlace:http://www.gaiteirosgalegos.com/index.phpoption=com_discografias&task=artista&id=144&Itemid=2
- Lambón. Canción para os croquesProdución musical de Antón Seoane onde compón, arranxa, interpreta e musica a distintos escritores galegos dende unha perspectiva infantil.
Genial recopilación Alba, seguro que todos le podemos sacar mucho provecho, felicidades por ella :)
ResponderEliminar