Unha nana preciosa de Xabier Diaz é Guillermo Fernandez que vos recomento que lle dediquedes un par de minutos e a escoitedes porque desde logo merece a pena,espero que vos guste!
O meu neno está no berce
o meu neno de cristal
as súas bágoas son de prata,
As meixelas de coral...
O meu neno está no berce,
eu non canso de o arrolar.
Os seus ollos son d eouro,
calará, non calará...
O meu neno está no berce
os olliños vai pechar.
Canta o moucho, cae a noite
o meu neno durme xa...
O meu neno está no berce
e non deixo de o vixiar.
Voa las agoreiras,
Soñara, que soñara...
Que bonita, gustoume moito a verdade ;)
ResponderEliminarO canto de berce "O meu neno está no berce", aquí titulado O meu neno de cristal ten autora e está así rexistrada (Carme López Taboada) dende a súa publicación en Cantares no ano 1983.
ResponderEliminarReferencia: Carme López Taboada-Manuel Rico Verea, Cantares. Barcelona 1983.
Tamén se publicou posteriormente en diferentes dos seus autores: Disco A pulguiña e o pulgón, Cantares, casete,
Puff, casete, etc.
Para comunicados:manuel.rico.verea@xunta.es