16 ene 2012

ALICIA SUÁREZ

Alicia Suárez naceu en Pontevedra en 1974. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo na especialidade de pintura. É profesora de debuxo dende 1999 nun colexio de Educación Secundaria. Recibiu o premio de pintura da Fundación Cultural Rutas do Románico e colaborou na colección “Cuentos del Mundo” da ONG Solidariedade Internacional.

Contos ilustrados por Alicia Suárez, da Editorial Kalandraka.

  • O galo Quirico de Tareixa Alonso.



O galo Quirico, contanos a histora dun galo moi presumido que de camiño a boda do seu tío Perico, se atopou con un verme







  • A ratiña presumida, texto de B.A.T.A, a partir de Xosé A. López Parreño


A ratiña presumida
, é un conto popular no que se relata, como tódolos animais do lugar querían casar ca ratiña mais presumida da cidade, pero non daba atopado un que lle gustará...




É un libro adaptado pola Asociación de Tratamento do Autismo.



Ademáis, do Galo Quirico e da Ratiña presumida, tamén foron ilustrados por Alicia Suárez, Nicolás vai de compras e Nicolás cociña sen lume. Estes dous contos pertencen a unha nova liña da colección de libros de fácil lectura Makakiños, creada por KALANDRAKA e BATA (Baión Asociación de Tratamento do Autismo) e dirixida a persoas con necesidades educativas especiais.

  • Nicolás vai de compras


Este album propón visitar os establecementos onde se adquiren produtos de alimentación (froitería, carnicería...), prendas de vestir (tenda de roupa, zapatería), obxectos de agasallo (xoguetería, floraría, libraría) e espazos de lecer (cafetería). Na páxina correspondente a cada tipo de local amósase unha lista con algúns artigos que se poiden atopar nel.



  • Nicolás cociña sen lume


A partir deste libro pódense preparar pratos sans, saborosos e sinxelos que se elaboran sen lume: sandwich e ensaladas para comer; espetada de froitas e macedonia...Tras repasar os ingredientes e utensilios necesarios, e precisar o grao de dificultade da receita, descríbese a preparación. Un libro para gozar do ambiente divertido da cociña, entre sabores, cores e aromas







En definitiva, as ilustracións de Alicia Suárez caracterízanse pola súa fácil comprensión, pero que a vez, deixan voar a imaxinación dos nenos/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario