9 ene 2012
Taller de corazones
Pois ahí está o pequeno gran regalo que me trouxo o amigo invisible. É un conto de Arturo Abad, cunhas fermosas ilustracións realizadas por Gabriel Pacheco.
O conto nárranos a historia de Matías, un rapaz que ten un oficio curioso, amaña os corazóns que están malferidos, olvidados, rotos... Pero dedícase a algo máis, fai corazóns, nos que garda un pequeno anaco do seu, para levarlle, cada primavera, a Beatriz, unha bela rapaza que non ten corazón. Beatriz so mostra desinterese e indiferencia cando Matías lle entrega os regalos cada ano. Até un día, que o noso namorado se dá conta de que so poderá facer unha peza máis, posto que so lle queda un anaco de corazón. Ao ano seguinte, cando chega a primavera e a rapaza se da conta de que non ten regalo, vai a casa de Matías e atópao nunha cadeira, co rostro serio, rostro dos que non teñen corazón; asustada e tremendo, corre á súa casa, rompe os corazóns que anos anteriores lle regalara e recolle todos os anacos de Matías, xúntaos, e volve darlle a vida ao seu namorado. Así é como Matías segue fabricando corazóns para a súa fermosa Beatriz, que, sen que el o sepa, ten un anaco del, un anaco do seu corazón.
É unha historia fermosa, que anque non é apropiada para a nosa franxa de idade, podemos adaptar e contárllela aos máis pequenos.
E...non olvidemos como empeza o conto...a cantos de nós non nos gustaría, nalgún momento da nosa vida, que nos curaran o corazón? :)
Gracias amigo invisible.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario