16 ene 2012

LEANDRO LAMAS





Leandro Lamas é un ilustrador galego que decidiu adicarse a tempo completo a ilustrar dende o ano 1998. A parte da ilustración, tamén chaman a atención os seus títeres, os carteis, estampados de camisetas, e os seus cadros e murais presentados en exposicións de toda a Galicia, España e Portugal; aínda que aquí, centrarémonos na súa faceta como ilustrador infantil.

As súas imaxes teñen por descripción, características como: frescas, coloridas, alegres, predominancia de color e fantasía, romanticismo, importancia dos animais, pasión e sensualidade, formas orixinais, e con moito detalle.


Podemos resaltar títulos como:

  • EU TAMEN SON FONTE: É un libro adicado a importancia da lactancia materna durante o crecemeto do bebé.

    QUERO SABER ONDE SE AGACHAM AS CORES (Carlos G. Figueiras)

  • SOPRA NESTE FURADIÑO (Antón Cortizas): Invita ao neno a practicar o seu soplo.

  • O APALPADOR: Leandro foi o primeiro en poñerlle imaxe a esta figura ; un home que na época de Nadal visita aos nenos para ver se comeron e se o fixeron, deixalles castañas e outros regalos.

  • POEMAS CON PIRULETA




Este artista comparte con nos as súas obras colgandoas na rede no seu blogue, que poderedes visitar para observar a súa arte e a beleza das súas imaxes:


www.leandrolamas.blogspot.com

  • Este ilustrador ten un estilo moi colorista reproducindo escenas cotidiáns ou imaxinadas cargadas de ilusión , romanticismo e fina ironía. Nel inflúe moito a corrente artística denominada naif, que se basea na inxenuidade e na espontaneidade, nas cores brillantes e contrastadas e nunha perspectiva captada pola intuición.

  • Un detalle que cabe resaltar é a descrición que fai Noa Persán, outra pintora, da obra de Leandro: “ es como darse un refrescante y jugoso chapuzón en un infinito mar de gominolas".


Cabe destacar que Leandro Lamas ten outras 2 facetas:

  • Director teatral en “Comendo pementos de padrón con Tarantino”

  • Compositor de pequenos poemas como “ Luisa, xureleira poetisa”

    Pero, en definitiva, podemos quedarnos coas imaxes como centro esencial de Leandro Lamas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario