Hoxe traiovos un pequeno regalo que descubrín non fai moito.
Vouvos falar dos “ATRAPADORES DE CONTOS”, eles contan historias sobre o coidado da natureza e o compromiso solidario. Estes atrapadores forman parte dun proxecto chamado contos solidarios (aquí deixovos a páxina para que lle votedes unha ollada: http://www.contosolidarios.org/ ). Con este proxecto o que fan é percorrer escolas e a través dos contos concienciar os nenos “sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade”. Dentro deste proxecto teñen as ciclobibliotecas con isto pretenden “divulgar un compromiso coa natureza e a solidaridade”.
A verdade e que cando o descubrín, pareceume un proxecto moi bonito. E una maneira moi orixinal de acercar os nenos máis pequenos e non tan pequenos eses valores de coidado do medio ambiente, da solidaridade con outros pobos… A verdade e que convídovos a que paseedes pola páxina e descubrades todo o que nos teñen que ofrecer.
Deixovos tamén uns vídeos de Anxo Moure, un dos atrapacontos. Só podos dicirvos que vades quedar abraiados. A forma en que conta os contos e é capaz de "enganchar" os rapaces é impresionante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario