“ Un día soleado estaba a araña Maruxa e a súa amiga Pepa
na súa redonda e fermoso casa .Unha casa verde e negra situada xunto a un
parque che de nenos. Pero hoxe pasaba algo moi estraño os nenos desapareceron e
non había ninguén no parque.
Entón as dúas arañas aburridas decidiron ir aberiguar que
era o que pasaba e foron en busca dos nenos.
Primeiro intentaron buscar entre as distintas formas
xeométricas que se atopaban no parque, entre os redondos, semicírculos,
rombos.. pero buscaron sen éxito, polo que decidiron saír a buscalos fora do
parque.
Atopáronse con tres enormes montañas, parecíanlles tan
altas que pensaron que nunca poderían escalala. Despois de moito meditalo entre
as dúas decidiron intentalo, e despois de dúas horas escalando as montañas
chegaron o final. Satisfeitas polo seu logro atopáronse de novo con outro
problema. Chegaron de novo a un enorme e difícil laberinto, onde atoparon un
montón de liñas verticais e horizontais que formaban difíciles camiños, foi moi
complicado pero finalmente o conseguiron.
Por fin nese longo camiño se atoparon con alguén pero non
eran os nenos, tan só eran dous peixes que nadaban nunha bagoa. Intentaron
preguntarlles se sabían onde podían atopar os rapaces pero estaban tan inmersos
que non lles contestaron polo que decidiron seguir o seu camiño.
Cansas de camiñar viron que a súa sorte cambiaba xa que
se atoparon cunhas bicicletas que lles farían mais ameno o seu camiño. Miraron cara arriba e viron un enorme cartel
rectangular que lles sinalaba o camiño que debían de seguir, tratábase de dúas
longas paralelas que parecía que non tiñan fin. Pedalearon e pedalearon ata que
o carril bicicletas rematou. Baixaron das bicicletas e atopáronse cunha zona de
barro na que era imposible manter o equilibrio, tan só unhas pedras as podían
salvar. Tiveron que dar grandes saltos para saltar de pedra en pedra ata que
chegaron o acuario. O aparcadoiro de este estaba baleiro parecía un deserto.
Neste tan só había un peixe serra con dúas colas que o vixiaba.
Maruxa e Pepa decidiron preguntarlle onde estaban os
nenos e este respondeulles
“ – Se queredes saber onde atopalos a miña lenda tedes
que escoitar:
Fun listado na Torre de Hércules polos mariñeiros de San
Roque un 7 de abril do ano 946.
Como con atención escoitachedes direivos onde atopar os
nenos. Debedes cruzar un fermosos campo cheo dunhas flores chamadas uñas de
gato e alí atoparedes os nenos navegando no mar”
As dúas arañas adentráronse no campo e decidiron parar a
descansar un pouco para gozar daquel fermoso lugar.
Cando xa estaban recuperadas decidiron seguir o camiño e atopáronse
co inmenso mar pero sabían que non serían capaces de atopar os nenos xa que
aquel mar era demasiado grande para eles e ademais non sabían nadar.
Entón as arañas decidiron construír unha nova casa
rodeada destas fermosas flores para esperar o regreso dos nenos.
BLOG:
No hay comentarios:
Publicar un comentario