31 may 2012

Pinocho, un cuento musical

Volvendo de novo o Teatro Jofre (Ferrol) e a través da Compañía Tempus Producciones (Valencia) o domingo vin en horario de 20:30 a 21:30 horas, unha obra teatral titulada “Pinocho un cuento musical”, adaptación do libro de Pinocho de Carlo Collodi, producida por Mario Sanchís Císcar e José Tomás Cháfer (productor e director).
Estaba representada por un gran elenco de actores e actrices, onde fusionaban dunha maneira cómica a narración da historia cunha pequena canción adaptada o momento da historia. Contábase cun rango de 9 temas formado por:
  • “Un deseo hecho realidad”
  • “Montando a Pinocho”
  • “Hoy es un nuevo día”
  • “El teatro de marionetas”
  • “Algún tonto a quién engañar”
  • “Ser un niño”
  • “Bienvenidos a la feria”
  • “Por fin”
  • “Ser un niño” (bonus track)

Aquí déixovos algunhas das cancións que puiden recoller durante a obra:





Adxunto un resumo da historia:

Gepetto ansiaba ter un fillo pero non sabía como facer, ata que un día ocurríuselle unha idea, facer un neno de madeira, un neno da súa mellor madeira. Traballou e traballou ata que o neno rematou, pero...deuse conta de que Pinocho (chamado así por estar feito de madeira de pino) non era un neno de verdade.
Esa noite Gepetto foise a durmir desexando que Pinocho fora un neno, pero non un neno calquera senón un neno de verdade.
Mentres Gepetto estaba durmindo, na súa vella carpintería apareceu a fada dos cabelos azuis, quen quixo facer realidade o desexo de Gepetto e foi así como ca axuda da súa variña máxima Pinocho convertíuse nun neno pero neste caso, de madeira.


O momento, apareceu Grillo (conciencia de Pinocho e que só podía ver él) quen lle recomendou a Pinocho que o único que tiña que facer era portarse ben.
Por mor dos ruídos producidos, Gepetto despertou e dirixiuse cara a carpintería, alí puido comprobar cos seus propios ollos que Pinocho cobrara vida. Gepetto inmóvil debido a alegría e emoción do momento quedouse sen saber que facer ata que despois duns longos minutos decidiu que o mellor sería ir para cama co fin de que Pinocho a mañá seguinte fora a escola ao igual cos nenos da súa idade.


O día seguinte cando Pinocho se encamiñaba a escola atopouse con Gata e Zorro (personas pouco confiables que viven de limosnas e engaños) quenes o ver que era un neno de madeira decidiron levalo o dueño do teatro de marionetas, o señor Stromboli co fin de conseguir unha recompensa por él.
Xa no teatro e despois de arruinarlle un dos seus espectáculos de marionetas coa súa presencia, Pinocho decide voltar a casa ao que Stromboli se nega, pero debido a insistencia de Pinocho en regresar ofértalle unha condición: se queres voltar co teu pai, terás que conseguir as 3 moedas de ouro que teño no cofre adiviñando o son e o movemento do animal que eu indique, por cada acerto dareiche unha moeda, no caso no que non consegueras as 3 moedas de ouro quedarás conmigo para sempre- dille Stromboli. (A través da interacción co público).


Pinocho consegue as 3 moedas de ouro, así que marcha do teatro encamiñandose por fin cara a casa pero no seu camiño encóntrase de novo con Gata e Zorro, que o ver que ten consigo moedas de ouro engáñano dicíndolle que se enterra as moedas no Campo dos Milagres, crecerá unha árbore chea de moedas de ouro. Pinocho cae na tentación e diríxese con eles ata o lugar.


Debido a unha pócima que lle manda tomar, Pinocho  acaba ebrio, co fin de que caía rendido o chan e quitarlle as moedas de ouro, pero Grillo nun intento de axudalo colle as moedas e gardaas para máis tarde devolverllas a Pinocho.
Nese intre, aparece a fada dos cabelos azuis que coa súa axuda (máis a do público) consigue despertalo ofrecéndolle un consello, e é que deberá portarse ben e non mentir senón a súa nariz medrará e medrará sen podelo remediar.


Pinocho emprende de novo o seu regreso a casa, pero a súa mala sorte aínda non remata aquí, xa que encóntrase cos dous nenos que esperan o Cocheiro xa que se dirixen o parque dos xoguetes, éstes convénceno para ir e marcha con eles.


Alí o Cocheiro dalles os nenos piruletas que os convirten en burros, pero algo bó lle tería que pasar a Pinocho e é que se queda sen piruleta.
O percatarse disto, tenta escapar do Cocheiro ata que chega a un acantilado, sen saber que facer e confundido pola situación mergúllase no mar onde se encontra con peces de diferentes cores e especies.
Levado pola corrente acaba no estómago dunha balea, neste estraño lugar reencontrase co seu pai Gepetto, quen constrúe unha barca ca súa mellor madeira para atopar a Pinocho que o non volver da escola pensa que podería estar no mar.
Gepetto dase conta que no peto ten uns mistos e facendo lume no estómago da balea conseguen sair a superficie, regresando os dous a casa esta vez sen aventuras de por medio.
A fada dos cabelos azuis debido as súas boas accións concédelle o seu maior desexo: poder ser un neno de verdade.
E coa alegría de Pinocho e de Gepetto remata a historia, non sen antes recordar que o máis importante que aprendeu Pinocho é a facer caso sempre a nosa conciencia.

Encantoume esta obra de teatro, tanto pola interacción que creaban co público mantendo sempre a faceta cómica onde disfrutaban tanto os máis pequenos como os non tan pequenos; pola mezcla de narración e canción, que lle daba a historia unha gran viveza; así como por facerme mergullar na historia como unha nena máis.
Sinalar tamén que o remate da obra os nenos e nenas puideron fotografiarse cos personaxes da obra tomando contacto e tendo presente a cada un deles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario