Todos nos coñecemos un pouquiño de Bruno Munari, pero hoxe descubriremos un aspecto máis deste artista. Trátase dun xogo visual que podemos empregar cos nenos de educación infantil. Consta de 72 cartas das cales 48 son transparencias, que coa axuda dun retroproxector pódenos dar moito xogo na aula de Educación Infantil.
Cun pouco de imaxinación, podemos crear as nosas propias transparencias e poder empregalas na aula cos nenos e nenas coma un soporte máis, ou coma unha nova forma de expresión; á vez que introducimos tecnoloxías descoñecidas para as crianzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario