21 may 2012

Teatro Jofre: "Bajo mi cama una estrella"


Onte fun a ver unha obra teatral no teatro Jofre de Ferrol chamada “Bajo mi cama una estrella”, adaptación do libro de Pablo Albo. 
Estaba interpretada por Paco Úbeda e dirixida por Alberto Alfaro da compañía “La Tirita de Teatro” (nada en Albacete no ano 1993).
Vou adxuntar un resumo do argumento da obra:
A lúa desperta a Miguel para pedirlle que encontre a estrela que caeu na súa habitación. Miguel terá que buscar nos diferentes recovecos da súa habitación, e empezará por asomala cabeza debaixo da cama, alí atopará o monstro das pelusas. Miguel treme o velo pero éste advírtelle que non come nenos, nin tampouco lle gustan as tarteiras de comida que fai a súa avoa, nin os spaghettis con tomate...só come pelusas e a Miguel as pelusas non lle gustan. Razón pola que ningún dos dous debe ter medo.
Miguel máis o monstro das pelusas deciden ollar no armario. E a quen se van a atopar alí, pois a nada máis e nada menos que o monstro do armario, quen nin come nenos nin as comidas da avoa, nin as pelusas,...o monstro do armario non come nada.
Miguel pídelle axuda para encontrar a estrela que a lúa lle pedira que encontrase, estrela que lle vira o camiñante da escuridade, quen se alimenta do medo e que vaga polo longo corredor da casa. Miguel valente, adéntrase no corredor mentras unha voz lle fala, unha voz que non ten rostro, unha voz que só é iso voz, e é quen lle dí que o camiñante da escuridade atópase moi preto deles, ataviado cun calcetín vermello e azul, cunha bata vermella, cunhas zapatillas de casa e cun bostezo moi prolongado que o caracteriza.
A Miguel entralle o soño e......bosteza, todos asústanse porque dánse conta de que él é o camiñante da escuridade, ao que Miguel dálle a risa e contesta:
- Como podedes pensar que eu son o camiñante da escuridade, levo un calcetín de cada color porque son os meus calcetíns de durmir, unha bata vermella porque é a miña bata e unhas zapatillas porque o chan está moi frío.
Ao momento algo iluminou na habitación, habían atopado a estrela que buscaban tan ansiosamente, e que Miguel lle devolveu a lúa.
Co paso do tempo, Miguel fixose maior e aprendeu moitas cousas, como que non temos que ter medo a mirar debaixo da cama xa que se hai pelusas e porque o chan está sucio e se non e por que alguén barreu, se a roupa do armario se cae o abrilo e porque esta desordeado e o máis importante a prendela luz cando se camiña polo corredor.




O remate da obra, Paco Úbeda mostrou os nenos e nenas que aquí se atopaban a Miguel para que o coñeceran e tiveran contacto con él. Pareceume moi interesante poder asistir e ver nas súas caras a emoción o poder tocar e ter presente a Miguel, en definitiva disfrutei dunha mañan animada cos máis pequenos.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario