13 may 2012

Feira Matemática



Onte foi a VI edición da Feira Matemática no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco), que tivo lugar dende as 11 ata as 19 horas.
Encontrábanse diversos stands cada un pertencente a unha entidade participadora co obxectivo de mostrar algunhas das experiencias e traballos elaborados na clase así como materiais a nosa disposición en relación a matemática como sudokus, cubos de rubik, programas informáticos, puzzles, bingo matemático, creación de balóns de papel a base de diferentes poliedros unidos por gomas elásticas, esopías, entre outras moitas actividades.
Mostrábase un programa con actividades a destacar o longo do día, como é o caso de exhibicións, xogos colectivos, certames,...

Quen participara en cada unha das actividades que aquí se propoñían conseguía un agapemo, que era a moneda da feria (en honor a asociación galega de profesores de educación matemática – Agapema -) puidendo cambiala por agasallos no stand da organización, localizado a entrada da mesma.
Sinalar que tamén estaba a nosa disposición diversos boletíns de divulgación matemática da Coruña como o seguinte:


A esta  feira acudiu bastante xente, polo menos a tarde, que é na hora na que fun eu,  e nela  se encontraban nenos e nenas de tódalas idades disfrutando dunha tarde de sábado matemática.











Vista da Feira Matemática



No hay comentarios:

Publicar un comentario