18 may 2012

Día Internacional do Museo: Adri, Estefi, Rosa e Alba.



Como mencionou Estefi hoxe pasámolo día visitando estes tres museos. No tocante a visita de Kalandraka, pareceume moi fructífero poder vivenciar o meu primer contacontos acompañada tanto de Patricia como de Álex, así como dos nenos e nenas da escola de Santiago. Para min foi un contacontos sen palabras, e é que tivo tanta forza e tanto poder a hora de contalo que nos levaban ata onde eles quixeran levarnos.
Para que poidades faceros unha idea déixovos a continuación un dos tres contos cos que puidemos deleitarnos. Neste caso trátase do conto de Arianna Papini: “ Que che gustaría ser?”
Resaltar que Álex empregaba o acordeón como acompañamento desta producción literaria estimando así a música como ben cultural e como acto de comunicación.
O  enlace é o seguinte: http://www.youtube.com/watch?v=8hcg2au5Axk
No tocante a este conto, atopábanse plasmados nas paredes da sala cadros en relación as ilustracións que no seu interior contén. Así mesmo, cada recuncho da parede facía relación a un conto distinto. Amósovos as imaxes en relación a este conto.
O  remate do contacontos os nenos tamén puideron ser poetas animando a despedida da velada cunha poesía de Celso  Emilio Ferreiro debido a conmemoración do centenario do poeta  celanovés.
En canto o Museo do Pobo Galego puidemos ver entre outras cousas, diversos retratos o longo de distintos períodos de tempo así como traxes rexionais das épocas.
E por último e para rematar, a nosa última exposición  nos levou a Chema Madoz. 
Como Estefi sinalou anteriormente non dudamos en ir o enterarnos desta exposición en Santiago xa que o seu especial modo  de interpretar a arte a través da fotografía e a súa visión poética fan de Chema Madoz un creador do que sempre se quere saber máis e máis.
Esta exposición presenta un extenso percorrido polo seu traballo invadido por unha gran cantidade de obras e ofrecendo unha ampla panorámica dos seus diversos estadios polos que pasou a súa obra.  Resulta  difícil destacar algunha das súas obras xa que todas captan a atención do espectador, pero aínda  así salientarei as que máis me sorprenderon.
Asóciase as raíces cas venas

                                        
Asóciase o canto da parede co canto do pantalón

Nestas fotografías pódese ver como lle inspiran as máis curiosas asociacións habendo un transfondo de xogo, conseguindo que o máis raro pareza normal e mostrando engadidos que xeran unha singular estrañeza así como novos parentescos ou novos  camiños  por onde  deixar vagar a imaxinación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario