Aquí abórdanse temas como:
- A importancia da socialización, onde a familia é un axente principal. Os pais apórtanlle estímulos pero deben defendelos do exceso deles. Educar é intervir no proceso de socialización axudándolles a convivir cos outros.
- ¿Cómo ten que ser o momento de deitar o neno? Ten que ser agradable, relaxado, cheo de ternura e complicidade así mesmo os nenos/as deben sentirse a gusto e acompañados. Os movementos rítmicos do balanceo faille estar máis tranquilos.
- Entrevista con María Noel Toledo (Uruguaya). É odontóloga infantil, estudiou animación e artes plásticas, traballa en escultura e é ilustradora de contos infantís.
O conto de "Area fai seis" está ilustrado por María que está dentro do Proxecto Educativo de Consumo Responsable "Dálle a volta". Nomeado os premios Mestre Mateo como mellor obra interactiva do ano pola Academia Galega do Audiovisual.
A editorial Galaxia presenta a versión libro do conto interactivo, escrito por Araceli Gonda.
- Neste programa tamén ten cabida un espazo adicado os instrumentos tradicionais galegos onde se tenta facer unha exploración sensorial con eles, utilizando o oído (de onde ven o son, que son fai...), vendo e tocando.
Entre os diversos instrumentos que aquí aparecen podemos nomear os seguintes:
Como instrumentos da casa: a paneira (o facer o traballo tamén se tocaba), lata de pimentón, a sacha, culleres.
Como instrumentos do monte: as carocas, canas-canaveira, con dous paos fabricaban un instrumento que hoxe se chama claves.
Como instrumentos do mar: as cunchiñas, entre outros.
E outros máis laboriosos como: o bombo (de pel), o tamboril (de madeira e de pel) e as pandeiras (de madeira, de pel e de latón).
O xogo é a actividade por excelencia dos nenos e por iso é un bo recurso para introducir novas disciplinas.
- O pediatra Manuel Silveira ofrécenos información sobre o baño diario do neno/a.
- E por último, se fala da importancia do hábito de ler xa que empeza o nacer. O silencio, a festa, a imaxinación e a linguaxe están nos libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario