10 may 2012

Visita a Vigo - Casa da Xuventude -


Este luns fomos a Vigo a visitar a ludoteca da Casa da Xuventude. Buscando información atopamos imáxenes da súa fachada, imáxenes que non pasan desapercibidas pola súa construción tan característica que a define, por iso decidimos ir vela. Pero esta perspectiva non a tivemos cando puidemos ver como estaban organizados os espazos, os materiais así como os recursos dos que contaba a ludoteca, onde se mostraba un desorden xeneralizado e unha falta de coidado cas instalacións e materiais.
Nesta mesma Casa da Xuventude, amosábase unha exposición denominada como “arte k3, movemento de arte fotográfico” que se pode ver ata o 25 de maio en horario de 9 a 14 e de 17 a 20 horas.
Entre a veintena de cadros expostos salientarei os que mas me gustaron, que son:

Neste cadro de Enrique Martínez se pode ver un sentimento materializado a través da pintura, da expresión corporal e a dramatización onde sen palabras suxírenos a cada un de nos un significado, neste caso un estado de ánimo, no que a capacidade creativa ten un papel importante.
Outro dos cadros que sinalarei é o seguinte, que e dado o que estamos a traballar nestes días na clase me parece moi útil para trballar a matemática ademáis das sombras, o movemento...



No hay comentarios:

Publicar un comentario