30 may 2012

Roteiro da man de Milucho e Xurxo Souto

Torre de Hercules


O luns 28 de maio tivemos a sorte de facer un roteiro polos arredores da Torre de Hércules da man de Milucho Mariñas, un experimentado percebeiro, que aínda estando xa retirado do oficio segue a ter unha gran paixón polos percebes.
Milucho fixo un pequeno recorrido polas rochas percebeiras máis importantes que había nos seus tempos; así como daunos a coñecer os lugares máis perigosos da costa coruñesa onde houbo máis naufrasios e lamentablemente falecementos. Algunhas das rochas máis citadas por el son: a vaca, o boi, o becerro, coitelos de mar, o altar, a corredoira, o redondo... Ademais grazas aos seus coñecementos podemos citar palabras como meixón, a cal non aparece no diccionario e que significa; rocha que en preamar está cuberta pola auga e en baixamar queda á vista.
Para Milucho ser percebeiro non era un traballo senón unha afición, no que podía pasar horas e facer longas viaxes en lanchas de remos para poder coller percebes. Contounos anécdotas e historias, como a de ter que ir ás agachadas sen que os visen os centinelas que estaban a vixiar na zona militar, correndo o risco de ser arrestado e mesmo ir preso.
Nada máis decir que me gustou moito este roteiro e que aínda queda pendente poder rematalo podendo contar de novo coa presenza e compaña de Milucho Mariñas sen deixar de lado tampouco a Xurxo Souto que tamén nos acompañou en todo o roteiro. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario