Este domingo 29 de abril tivo lugar no MACUF (Museo de Arte Contemporáneo) un concerto didáctico de música animada, co título de “Coñecendo os instrumentos da orquestra II” onde foron os máis pequenos da Orquestra Infantil do Conservatorio Profesional de Música da Coruña quenes nos deron a oportunidade de ver e escoitar diferentes instrumentos, neste caso da familia de corda.
Puidemos deleitarnos cunha gran variedade de pezas de diferentes autores, estilos e xéneros musicais, así salientarei unha das que máis me gustou ao igual cas miñas compañeiras que poñeran en común unha das moitas pezas.
Vou facer mención a Víctor Herbert e introducíndoo destacarei algúns datos relevantes. Herbert foi un compositor estadounidense de orixen irlandés. Non tardou moito en empezar a desempeñarse como director de orquestra, compositor violoncelista e profesor. A súa ben fundada educación musical, habilidade musical e talento melódico vénse reflexados nas máis de 40 operetas que produxo, entre elas: Babes in Toyland do 1903, Mlle. Modiste no 1905, The Red Mill do 1906 e Naughty Marietta do 1910.
Centrareime no “Vals do país dos xoguetes” ou o que é o mesmo “Babes in Toyland” do cal podedes ollar un pequeno fragmento da obra. ¡Espero que vos guste!
Ademáis recoméndovos estas actividades que organiza e realiza o MACUF xa que de balde se pode disfrutar dun ciclo de concertos que non pasan desapercibidos, tanto para os maiores como para os peques da casa. Parecéume moi interesante e os nenos/as víase que por momentos estaban totalmente entregados ademáis, asistíu unha gran multitude de xente, así como nenos/as de todas as idades e a pesares disto na sala reinaba un silencio sepulcral.
Para máis información sobre estas e outras actividades (se realizan en domingos alternos de 12:30 a 13:30 horas, sendo o 13 de maio o peche final) podedes consultar a páxina do MACUF que é a seguinte: http://www.macuf.es/
Outras páxinas de interés:
http://www.youtube.com/watch?v=ugyFNiQlAJ0 Fragmento de “Babes in Toyland”
http://pdmusic.org/herbert.html Vida e obras de Víctor Herbert.
Víctor Herbert.
No hay comentarios:
Publicar un comentario