12 may 2012

O cullarapo Croque




Nesta avaliación tivemos a oportunidade de traballar co libro "O cullarapo Croque", onde enfocamos o traballo na escola infantil de forma distinta á que estabamos acostumados, como é dende o punto de vista da poesía. E, polo tanto, vin interesante e importante resaltar outra forma distinta de aprender xogando.
O Cullarapo Croque será o número 5 dentro dos cadernos “Q de Vian”, iniciativa da Porta Verde do Sétimo Andar que comezou o seu camiñar no ano 2011. A Porta Verde do Sétimo Andar xurde en maio de 2005, produto da coincidencia de traxectorias, experiencias e inquedanzas que fai posíbel artellar unha idea colectiva. É un espazo creativo e aberto a todo tipo de expresión artística mesmo interactuada, un espazo poético de encontro e coincidencia; galego e comprometido coa cultura galega. O seu ámbito de acción abrangue toda Galiza e norte de Portugal, mais tamén existen importantes conexións con comunidades galegas de Madrid ou Barcelona.
Os seus autores son Miguel Ángel Alfonso Diz e Luz Beloso.
O conto ten como protagonista un cullarapo, o cullarapo Croque, que nos vai presentando os diferentes poemas nos que aparecen outros personaxes como poden ser un gato ou un paxaro. Ao remate do conto, o cullarapo Croque deixa entreabertas as portas da ilusión, xa que afirma que "se a súa nai lle conta algún poema mais, nós seremos os primeiros en recibir noticias."
Unha forma interesante de traballar dentro do aula dunha forma distinta.
Por iso, douvos as gracias a todas as miñas compañeiras e compañeiros, xa que aprendín de todas e todos vos diferentes formas de enfocar o conto e actividades/cancións que podería levar a cabo para traballalo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario