Onte celebrouse a 15º edición do
programa de Voz Natura, programa de educación medioambiental posto
en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso
1997/1998. O seu obxetivo é implicar a comunidade escolar de Galicia
na recuperación e defensa da natureza da nosa comunidade, contando
con 49.000 alumnos e 3.000 mestres de 288 centros educativos e tendo
lugar a festa fin de curso de Voz Natura no Parque de Acea de Ama en
Culleredo.
A decisión do 2 de xuño como data de
celebración ten por motivo o estar a só tres días do Día Mundial
do Medio Ambiente (5 de xuño), sendo das 11:00 horas da mañá ata
as 19:30 horas da tarde.
Os centros desenvolveron proxectos de
recuperación de espazos degradados, actividades de concienciación,
plantacións, entre outras temáticas, gracias ao apoio da Fundación
da Voz de Galicia.
Os premios de Voz Natura foron un
galardón para o mellor traballo medioambiental de toda Galicia,
catro a cada un dos proxectos máis destacados en cada provincia, un
recoñecemento para o mellor proxecto infantil, e outro para o
traballo mellor exposto na festa.
Ademáis da exposición dos proxectos
de cada escola participante, durante toda a mañá e a tarde puídose
disfrutar dunha variedade de actividades lúdicas como xogos,
talleres, competicións deportivas, inchables, etc, tanto para os
máis pequenos como para os máis grandes, que se ofreceron o longo
da xornada.
A entrada do recinto da festa
atopábanse automóviles e motos da Garda Civil de tráfico e tamén
camións de Bombeiros onde os nenos e nenas podían subirse neles
investigando e disfrutando da experiencia.
Nunha amplia explanada encontrábanse
os inchables, contando cunha gran variedade para nenos e nenas de
todas as idades.
Diversos talleres: de prensa, de humor
gráfico, de radio, de tdt...ou mesmo talleres de pintura de dedos,
globoflexia, xogos para os pequenos, entre outros.
Ao remate da xornada realizouse unha
festa da espuma, moi socorrida por tódolos nenos e nenas.
A esta festa acudíu unha gran
multitude de xente que se podía apreciar xa nos arredores do
lugar. O tempo máis as boas instalacións coas que contaban o
parque permitiron disfrutar do día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario