Creo que todos estamos dacordo na cantidade de cousas que aprendimos ao longo de todo o ano, a cantidade de cousas que descubrimos da infancia, dos nenos que serán o noso futuro.
Personalmente, aprendín que un conto, por exemplo, non so é unha historia que narra feitos fantásticos, se nón que é unha forma de traballar cos nenos e nenas todas as cousas que nesa idade, teñen que aprender, dunha forma divertida e motivadora. Entre os meus contos favoritos están:
- A que sabe a lúa?- Collinlle certo cariño cando participamos de forma conxunta cos nosos compañeiros de signos, ir contalo á escola, cos nenos, e ver a cara que poñían, a pesares de coñecelo, foi unha experiencia inolvidable.
- Adivina cuánto te quiero - Para min, un conto cheo de tenrura, que para nada é so para os nenos, a máis dun adulto nos gustaría que no lo dedicaran.
- A toupiña que quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza - Un conto divertido que me fixo rir en moitas ocasións con anécdotas da man, especialmente, da miña Zaira.
- O cazo de Lorenzo - É inevitable non collerlle cariño a Lorenzo. Paréceme un conto fermoso, que trata unha temática distinta a que soen tocar os contos.
- Miau - O último que contei. Ao principio chea de dúbidas de como contalo, por ser un conto sen unha historia na que apoiarme (anque ao final Marquiños me sacou do apuro).
E con isto...conto contado, ano rematado.