Agora que chegamos o final de curso toca facer un repaso de todo (ou case todo) o que vimos e aprendemos. Se algo nos quedou claro é que a hora de traballar cos nenos e nenas máis pequenos temos unha sen fin de linguaxes que podemos empregar e que ningunha deixa de ser máis importante que a outra. Aprendemos que estas linguaxes podémolas atopar en todos os contos, só hai que saber buscarlles “o punto”. Unha recompilación de contos e os que a min máis me gustaron e que sen dúbida non poderán faltar na miña aula serían:
1. “Como atrapar una estrella”, recoñézoo sinto predilección por este conto foi o primer conto que contei e… encántame!
2. “No es una caja”, este sen dúbida e un conto boísimo co que traballar a imaxinación, pois cantas veces de pequenas non xogamos a que unha caixa non era unha caixa? http://www.viacala.blogspot.com.es/2012/06/que-no-es-una-caja.html
3. “O monstro de Ricardo”, este ten un final tan sorprendente… http://www.viacala.blogspot.com.es/2012/01/o-monstro-de-ricardo.html
4. “O pirata pata de lata”, unha forma moi boa de introducir a poesía na vida dos máis pequenos http://www.viacala.blogspot.com.es/2012/01/o-pirata-pata-de-lata.html
5. “Luna”, gracias a este conto cada vez que escoito esta palabra non podo evitar continuar coa canción. http://www.viacala.blogspot.com.es/2012/01/hola-chics-seguro-que-todos-os-acordais.html
6. “El chupete de Gina”, a este tamén lle teño un especial cariño, por que será? Unha boa forma de introducir a autonomía nos nenos. http://www.viacala.blogspot.com.es/2011/12/escritor-christine-naumann-villemin.html
E hai tantos e tantos, que seguiría poñéndoos, pero esta é a miña pequena elección.
Durante este tempo tamén coñecimos persoas especiais que nos amosaron outra forma de contar contos (Tim Bowley e Pablísimo) e o que se agocha detrás de cada letra e de cada ilustración (Miguel Ángel Alonso Diz http://www.viacala.blogspot.com.es/2012/06/unhas-horas-con-miguel-angel-alonso-diz.html e David Pintor). Tamén tivemos a oportunidade de viaxar e coñecer sitios máxicos gracias o grupo de aventureiras que temos na clase (http://www.viacala.blogspot.com.es/search/label/Curiosidades).
E todo isto fómolo deixando reflectido neste pequeno blog que comezou coma unha aventura pero que se converteu nun lugar que nos servirá para recordar todo aquilo que aprendimos e vivimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario