10 jun 2012

Proxecto final: "Un dous tres que ves?"


Título: Un dous tres que ves?
Escritora e Ilustradora: Nadia Budde
Editorial: Faktoría K de libros - Kalandraka -
Ano: 2005
Escribo unhas liñas sobre o conto do meu proxecto, despois de pasar o dia e os nervios do momento.
A primeiras era un libro que non me acababa de convencer, non polo libro en sí, senón que o presentar un texto escaso resultábame moi difícil a hora de poder representalo dunha maneira entretida.
Xurdíume a idea de facer unha maqueta onde cada un dos personaxes tivera un papel relevante na historia. Unha historia con algunhas modificacións despois de que se pasara por un mesmo.
Despois dun gran traballo e coa miña historia, os personaxes, e a maqueta feita só quedaba poñerse en escena, aínda que as dúbidas de acertar estaban presentes.


Adxunto algunhas fotos dos diferentes recursos que utilicei para a realización do meu proxecto.




Intercalando diferentes secuencias de personaxes e facendo uso dunha canción como elemento repetitivo da historia íbanse superpoñendo distintos animais no desarrollo do conto.
As actividades realizadas coa temática do conto son as seguintes:


Cercos de diferentes tamaños (grande, mediano e pequeno) co fin de clasificar os animais segundo as súas dimensións. O tamaño de cada un é gradual, existindo unha disminución progresiva do segundo co primeiro e do terceiro co segundo. Así estableceráse relacións entre uns tamaños e outros.


Diapositivas que coa axuda dun retroproxector de transparencias tentaráse identificar e clasificar segundo o criterio de cada un, as imaxes de animais semexantes, xa que aínda que os animais cambien a súa forma o elemento segue a ser o mesmo.


Dando a imaxe dun todo, construiráse un puzzle, partindo así do máis concreto o xeral.


Buscando o intruso. Colocando animais alleos o conto, trataráse de identificar o intruso favorecendo así a atención.


Cada un será escultor, construíndo según a imaxinación e creatividade de cada un, xa que o que interesa é o efecto que o proceso creador produce no neno, debido a que aquilo que o enriquece na súa capacidade creativa non é a obra creadora, senón o seu proceso creador.

E ata aquí o meu proxecto, polo que...Conto contado, conto rematado.


Vistos tódolos contos, só me queda sinalar que o traballo de todas mereceu a pena, puidéndose ver unha gran evolución dende os primeiros ata os últimos contos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario