10 jun 2012

Aquaciencia e Aula de Ecoloxía Urbana (Ferrol)

No Parque Municipal Raíña Sofía encóntrase o recinto denominado xardín didáctico Aquaciencia, que ofrece un percorrido entre experimentos con e sobre a auga; tamén alberga a Aula de Ecoloxía Urbana (trata da cidade como fenómeno histórico, os seus recursos, as enerxías que moven a cidade, a reciclaxe e o tratamento de residuos urbáns).


O circuíto de Aquaciencia conta con 21 módulos e unha depuradora para tratar sobre o ciclo hidrolóxico e o uso razoable da auga. Dende unha clepsidra que recibe o visitante recordándolle a posibilidade de medir o tempo da súa visita con este reloxo de auga, pasando por múltiples inxenios para o desplazamento ou bombeo de líquidos como sifóns, norias, vasos comunicantes, bombas de xarro e peristáltica, tornillo de Arquímedes, cambón... Ata a explicación sobre a obtención de enerxía hidráulica con turbinas e molinos ou un simple transbordador propulsado manualmente por cordas.
Aquaciencia é un espazo moi interesante e curioso para aprender e para xogar co principal elemento do planeta: a auga. De forma amena e atractiva, os visitantes poden ir paseando polo xardín e, mediante distintos dispositivos, mecanismos e xogos, descubrir a auga, a súa enerxía e os seus principais usos e propiedades.
Ademáis durante toda a visita temos unha especial compañía dos pavos reais.


Adxunto un vídeo como resumo da visita:

  

No seguinte mapa pódese apreciar máis ou menos como está planificado e organizado o parque didáctico.


Por último sinalar que o podedes encontrar aberto de martes a domingo de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

1 comentario:

  1. Eu fun o ano pasado e encantoume, pasarao xenial con todas as actividades, e incluso cos pavos reales. É un lugar no que podes aprender divertindote. Eu recomendo a todos os que teñan oportunidade que vaian.

    ResponderEliminar