5 jun 2012

O Corazón de Lolo.

O Corazón de Lolo é un conto interesante que foi publicado pola Cruz Vermella para concienciar ós nenos do feito de que moitos nenos son adoptados e que non por iso son diferentes,entón trátan atraves dun conto dun pato o feito de nacer nunha familia e logo ser adoptado por outra,no conto non se pronuncia a palabra adoptado en ningún momento, pero se lemos a letra pequena a mensaxe sobreenténdese.Eu fixen unha adpatación do conto para que o contalo ós nenos de 0-3 nos non se fixese tan longo.
O conto o principio pode parecer un pouco triste pero despois o seu final é bonito e a reflexión que se fai pódese adaptar a moitos casos sen ser referido a adopción.
No meu caso pareceume un conto moi interesante para introducir o tema na aula xa que sempre se poden atopar casos de nenos que son adoptados e non por iso teñen que ser discriminados nin considerados diferentes.
Para min foi un conto interesante e que me gustou moitismo dende o primeiro que o lin,ainda que o principio facía que se caesen algunhas bagoas,e iso quizás tiraba un pouco para atrás porque non queria que fose un conto que puxera triste a xente,senón todo o contrario e que dese modo se utilizase como reflexión.
Esta é a imaxen editada pola Cruz Vermella:
A continuación vos deixo os materiais que elaborei eu pa contar o conto do Corazón de Lolo:
Este é Lolo.

Estes son os pais de Lolo

Esta é a familia que o acolle.

Esta é a árbore que fai a reflexión final.
A Continuación vos deixo o enlace da noticia que relata a elaboración por parte da Cruz Vermella :

A Canción que utilicei:

E aquí tedes as actividades que elaborei:
memory:

Atopar diferencias:

Facer picos de pato:
Puzzle do corazón de Lolo:
Materiais:
Lapices de cores.
Cartulina.
Pedras.
Herba natural.
Papel de charol.
Goma.

Aqui vos deixo toda a información por ser vos sirve e querees utilizalo nalgún momento.Espero que vos gustase tanto coma a min.


No hay comentarios:

Publicar un comentario