5 jun 2012

Animais de compañía


A idea de realizar este proxecto a partir dun conto, é ser capaces de envolver todas as linguaxes expresivas que fomos vendo ó longo do curso e facelas un todo: expresión oral, expresión corporal e dramática, expresión plástica, expresión musical e expresión lóxico-matemática.

O conto é un obra de arte, na que se relata de forma breve, feitos imaxinarios cun desenvolvemento argumental sinxelo que estimula a imaxinación, a atención e a memoria do neno/a. Ademais, axuda ó seu desenvolvemento afecto e social polas conductas que adquiran ós personaxes dos contos e potencia o nivel de linguaxe en canto o vocabulario.

Por todo isto, Animais de compañía, foi o conto escollido para realizar este proxecto xa que conta con un texto moi lúdico acompañado dunhas poderosas e creativas imaxes. Ademais, é un libro que se adapta moi ben a idade a que vai dirixida o proxecto, que é os nenos e nenas de 0 a 3 anos. M. Lourenzo González é o autor deste contiño e Luis Castro Enjamio é o seu ilustrador. A historia trata sobre un velliña, que se sentía moi soa e triste, polo que saíu a buscar compañía, unha compañía moi curiosa....


 
Para contar o conto, elaboraremos un material cos animais do conto (vaga-lume, cara-col, vaca-loura e cama-león), de maneira que poidamos facer as combinacións que fan os personaxes ó longo da historia. 





Empregaremos este material, movendo os cadrados para facer as diferentes combinacións de animais que fan os personaxes do conto. Desta maneira, seralles mais facil os nenos/as compreder ditas combinacións, ademais de prestar mais atención.


A canción que inventei a partir do conto é a seguinte, a cal acompañaremos dunhas movementos:

    A seña María
    sentíase soa,
    por iso compañía
    saíu a buscar
    ¿Que animais
    colleu para a súa caixiña?

    Un caracol, col (dedos na cabeza a modo de antenas)
    un vagalume, lume (vater os brazos coma se foran ás)
    a unha vacaloura, loura (facer coma tenazas coas mans)
    e a un camaleón (sacar a lingua fora). BIS
      
Na miña opinión, a realización deste proxecto axudarános a todos e todas a entender mellor a importancia da linguaxes, é dicir, a concienciarnos de que debemos sempre traballar todas e cada unha das linguaxes coas nosas crianzas, sen darlle mais valor a unha que a outra, xa que todas son relevantes e nos aportan un gran de area. 


Espero que vos gustará o conto. Un saúdo





No hay comentarios:

Publicar un comentario