9 jun 2012

A bruxa regañadentes


Preséntovos aquí o conto sobre o que fixen o proxecto. Este conto descubrino coa  "dragona Ramona", a contacontos da biblioteca "Miguel González Garcés" do Burgo.
Este conto é un conto tradicional turco-ruso adaptado por Tina Meroto e coas magníficas ilustracións de Maurizio A. C. Quarello, editado por OQO.


Esta é a historia de tres irmáns que se internan no bosque desatendendo as advertencias da súa nai. O máis pequeno non quere internarse no bosque, pero ao final despois das burlas acaba seguindo aos seus irmáns. Así o pequeno demostrará o valor e a astucia precisas para sair deste lío...
Aínda que este conto pode dar medo e ser algo longo, intentei que fora ameno e que o pasarades ven cando o contei. Mostrareivos o material que utilicei:

Os obxectos máxicos:

O nariz da bruxa, feito de papel-maché:

A secuencia para traballar a matemática:

E o bosque feito coa técnica que vos mostrei e a fenda con cera:

Por último os ensino un corto sobre este conto feito co stop-motion:



No hay comentarios:

Publicar un comentario