5 jun 2012

O pano da miña avoa


Este libro chamoume a atención dende o primeiro momento que o vin. A súa portada en negro e con esas letras de cores, as ilustracións tan coidadas e que con tan pouco expresan tanto, funcionaron como un feitizo, tiña que contar ese conto fora como fora. Pareceume que era un medio moi bo de mesturar todas as linguaxes o tempo que contamos coas familias para a realización das actividades. Porque, xa o título o di, este conto fala das avoas, de todo iso que elas teñen que fan que se convertan nas persoas máis especiais do mundo e unha parte moi importante en todas as familias.
Nun primeiro momento tiña demasiadas ideas de cómo o ía contar (sombras, facer como se fora unha confidencia,..), pero ningunha clara. O recen estreado papel de avoa da miña nai, deu pe a que fora ela quen me axudara a contalo e a forma de contalo xa sería unha maneira de  introducir unha das linguaxes.
A hora de traballar a linguaxe musical e oral pareceume boa idea pedir axuda os avós e as avoas e que eles se converteran en protagonistas coas cancións que eles cantaban de pequenos, as palabras que empregaban nos seus xogos,… E de este xeito darlle ese valor que, por desgraza, hoxe en día se está a perder.
En relación os materias que fixen foron poucos: un pano que fará de fío condutor de todas as actividades e unhas ilustracións do propio conto para traballar a linguaxe matemática.


E para rematar, a modo de conclusión, a verdade e que pareceume unha actividade moi interesante e un traballo que de algunha maneira pon en valor todo o que aprendemos o longo de este ano. Foi unha experiencia moi enriquecedora ver as ideas dos meus compañeiros e compañeiras a hora de enfrontarse os seus contos e as súas formas de traballalos posteriormente na aula.

Quería deixarvos o video pero non me deixa subilo. Se descubro como, maña volo subo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario