Este museo que está situado na Casa da Cultura do Concello de Fene, é, ata o momento, o único do seu xénero en todo o Estado español.
Falaréivos un pouco da súa historia:
As súas orixes remóntanse á década dos oitenta, cando Siro e Xaquín Marín remataban unha mostra que percorrera toda Galicia cun manifesto que chamaba á mobilización na defensa do humor. Pensouse que sería bo ter unha entidade que potenciáse as actividades humorísticas.
A proposta chegou o Concello de Fene que se puxo á fronte da idea.
A finais de 1984 inagurouse o Museo con debuxos de boa parte dos humoristas galegos contemporáneos.
Dende aquela faise un encontro anual as Xornadas de Humor nas que se entregan premios dos concursos que promove o Museo, organízanse exposicións, conferencias, actuacións...
Pero o Museo non deixa de medrar e na actualidade, xa non hai só debuxantes galegos senón de todo o Estado e de todo o mundo.
Pode dar unha idea esta relación de nomes de humoristas de todo o mundo que teñen obras no Museo: Chumy-Chúmez, OPS, Gila, Máximo, Peridis, Gallego & Rey, Serafín, Pablo, Kim, Gin, Oscar, Idígoras & Pachi, M. Hernández, Dela Nuez, Fiddy, O´Sekoer, Cunha Díaz, Kazanevsky, Mort Walker, Dirk Browne, Dachuan Xia, M. Pohle, Harca, Garrincha, Pena Pai, Petkov, De Angelis, Effat...
O Museo conta con diferentes salas, así na miña visita atopeime ca sala de humor gráfico, a sala de humor negro, e a banda deseñada.
Asi mesmo, tamén conta cunha zona de espellos onde xogando co humor podes verte transformadas diversas partes do corpo.
Adxunto un vídeo que fixen onde se pode ver un resumo da visita.
Sinalar tamén que neste Museo encontrábase unha exposición de pintura temporal de Borja López Muíños, creando as súas produccións con diferentes materiais como pode ser o lenzo, cartón pluma, plásticos, madeira, xornais, diversos papeis, vidro, etc, ou mesmo os marcos dos cadros que tamén xogan un papel importante xa que están realizados a partir de material de refugallo.
Algunhas das súas creaccións son as seguintes:
Así e como vimos no tema da expresión plástica, as técnicas e os materiais son os instrumentos da expresión plástica, os vehículos que fan posible a comunicación dos sentimentos, de coñecementos e das ideas propias e críticas sobre eses coñecementos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario