8 jun 2012

Unhas horas con Miguel Angel Alonso Diz

Onte, tivemos a sorte de ter diante de nos ao autor do Cullarapo Croque, ese pequeno libro traballado na clase durante as horas de Cognitiva. Grazas a súa charla, puidemos ter outra visión do poemario máis fonda e dende outra perspectiva, puidemos saber como foi o proceso de creación e ademais o que pretende con este proxecto.
Animoume moito saber que hai persoas coma el preocupadas pola fala galega, e que ese foi un dos motivos que o inspirou a facer o libro.
Ao remate, puidemos facer unha foto todos xuntos, a cal vola deixo aqui.


Só queda darlle as grazas a Miguel Ángel pola súa visita e desexarlle moita sorte co seu proxecto!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario